O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS. A DECLARACIÓN DE COMPOSTELA EO SEU CUMPRIMENTO NAS REDACCIÓNS GALEGAS
Abstract:
O 16 de outubro de 2004 asinouse a Declaración de Compostela, un endecálogo promovido polo Observatorio Galego dos Medios–entidade creada ao abeiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia–que pretendía unha mellora do tratamento informativo da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos. Tres anos despois, dende o seminario Comunicación e Xénero, integrado no grupo de investigación CIDACOM, decidiuse por en marcha un estudo que indagase no grao de aplicación acadado pola Declaración nas redaccións galegas. A investigación adoptou a mesma concepción da violencia de xénero presente na Declaración de Compostela: como unha violencia non só física, senón tamén de carácter estrutural e simbólico, que arraiga nos modelos impostos dende a sociedade patriarcal, baseada no dominio do masculino sobre o feminino, na concesión das posicións de poder e privilexio aos homes en detrimento das mulleres. Para a concreción das manifestacións nas que cristaliza a violencia de xénero, a equipa investigadora partiu en boa medida da definición incluída na Lei Galega para a Prevención eo Tratamento Integral da Violencia de Xénero, que entende como tal “calquera acto violento ou agresión, baseado nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres, e de uso xeneralizado da violencia como forma de relación entre as persoas, que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos ea coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito …
Año de publicación:
2008
Keywords:
Fuente:
Tipo de documento:
Other
Estado:
Acceso abierto
Áreas de conocimiento:
- Estudios de género
- Comunicación
Áreas temáticas:
- Interacción social
- Grupos de personas
- Medios documentales, educativos, informativos; periodismo